limpeza

Verín iniciou a limpeza da canle do río Támega

Estado que presentaba este mércores o río logo dos primeiros traballos.
photo_camera Estado que presentaba este mércores o río logo dos primeiros traballos.
A intervención contou previamente co visto bo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta.

Logo de anuncialo públicamente o pasado 21 de setembro, o Concello de Verín iniciou a comezos desta semana as tarefas de limpeza do río Támega que se prolongarán ao longo das vindeiras semanas. Neste senso, os técnicos responsables afanáronse este mércores en acometer estes traballos de acondicionamento na zona do Olivar, tal e como aseguraron fontes municipais. A intervención continuará pola Noria, Ponte Melo e nas inmediacións da área recreativa de Pazos. 

Tal e como explicaron recentemente dende o Consistorio verinés, as actuacións que se están a desenvolver xa teñen por obxecto "levar a cabo as medidas de protección necesarias no leito do río Támega para a súa conservación e mantemento, coa finalidade de previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo ao longo do tramo urbano do río Támega, ao seu paso por Verín".

A intervención contou previamente co visto bo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta.

Te puede interesar