Verín organiza unha nova edición do taller para facer cigarróns

cigarron_resultado
photo_camera Existirá a posibilidade de facer o traxe completo ou partes.
Coa iniciativa preténdese que a máscara se manteña dentro duns canons de respeto polas formas tradicionais

O Concello de Verín promoverá un ano máis -e xa van 22- unha nova edición do seu obradoiro de cigarróns. O obxectivo desta iniciativa é que a máscara máis antiga e con máis significado patrimonial do Entroido verinense se manteña dentro duns canons de respecto polas formas tradicionais. Para esta finalidade, no taller ensinarase aos participantes a facer todos os elementos deste símbolo salvo o pintado da careta e os compoñentes de produción industrial. 

O Obradoiro do Cigarrón tamén servirá, por outra banda, para transmitirlle aos participantes o calzado que harmoniza co traxe, que tipo de "chocallos" e cantos se deben levar, ou como vestir a máscara e utilizala en público.

Para poder participar nesta iniciativa será necesario solicitar praza no Concello ata o día 30 de outubro. Unha vez transcorrido este tempo e segundo explicaron dende o Consistorio, ordenaranse as solicitudes aplicándolle dous criterios de preferencia. Por unha banda, priorizaránse as que se fixeron para todas as actividades fronte ás solicitudes de formación parcial e, de seguido, terase en conta a orde de entrada da solicitude. As actividades comezarán en novembro na Casa da Xuventude. As persoas que queiran facer a máscara completa deberán ter libres as tardes dos luns e dos martes, das 16,00 horas ás 19,30 horas.

Te puede interesar