AUDIOVISUAL

Verín presenta o cartel e trofeos do seu Festival de Curtas Vía XIV

O festival arrancará o vindeiro 5 de decembro

O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, que abrirá as súas portas o vindeiro 5 de decembro, presenta, este luns, os seus trofeos e cartel oficiais. O reputado artista plástico Fernando Barreira presentará os trofeos que serán entregados, xunto co premio en metálico, ao final do certame. Por outro lado, o tamén verinense Jorge Godás, responsable de deseñar a identidade corporativa do evento, presentará o cartel oficial. Estará presente todo o equipo organizador do certame.

Te puede interesar