Medio ambiente

Verín promove unha nova campaña de reciclaxe

A iniciativa busca que Verín sexa un referente na xestión de residuos, contribuindo así o coidado e preservación do medio ambiente

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, en colaboración co Concello de Verín, promoverá unha campaña de concienciación e formación para mellorar o proceso de reciclaxe. A iniciativa busca que Verín sexa, coa colaboración de todos os cidadáns, un referente na xestión de residuos, contribuindo así o coidado e preservación do medio ambiente. 

A través desta acción, distribuiranse varios paneis informativos polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles informarase os cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e que colector sería o indicado: No iglú verde, botellas de vidro, tarros de alimentos e frascos de vidro; o colector azul está destinado a papel e cartón e os envases metálicos, tipo brik, e de plástico poden ser reciclados logo de ser depositados no colector amarelo."O importante é que a xente se involucre", asegurou Purificación Caldelas, edil de Medioambiente.

Te puede interesar