La Región

CURSOS

Verín promoverá cursos de Baile galego e tamén de Pandeireta

A formación, destinada a rapaces de entre catro e 14 anos de idade, realizarase todos os xoves do ano
Verín promoverá cursos de Baile galego e tamén de Pandeireta

O Concello de Verín acaba de abrir o prazo para inscribirse en dous novos cursos: baile galego e pandeireta , tanto no nivel de iniciación como no de avanzado. 

A actividade impartirase de maneira combinada coa Banda de Gaitas do Concello polo que, segundo sinalaron dende a administración local, organizaranse varias exhibicións ao longo do ano. 

As actividades contarán coa dirección de monitores especializados e cunha ampla experiencia nas materias. Para poder obter máis información, será necesario dirixirse ao Pavillón Municipal de Deportes en horario de oficina, é dicir, de luns a venres dende as 09,00 horas ata ás 14,00 horas. 

A formación, destinada a rapaces de entre catro e 14 anos de idade, realizarase todos os xoves do ano entre as 16,30 horas e as 18,00 horas, e haberá dúas quendas.