campaña electoral

“Verín púxose ó día”, afirma Seoane

Gerardo Seoane, durante su mitin de este miércoles en Verín.
photo_camera Gerardo Seoane, durante su mitin de este miércoles en Verín.

O candidato socialista chamou onte á mobilización dos militantes para “seguir transformando a nosa vila”

O candidato socialista de Verín, Gerardo Seoane, chamou onte á mobilización dos militantes e simpatizantes para conseguir unha victoria que lles permita "seguir transformando Verín, unha vila que se puxo ó día nos últimos catro anos, e que non pode permitirse nen un paso atrás". Seoane contestou ás descalificacións do presidente da Xunta, que "o que vai quedar de Terceira Rexional é o seu partido, o Partido Popular extremista de Pablo Casado, gracias á teima dos populares en machacar unha e outra vez nos mesmos erros".

Gerardo Seoane, na presentación da lista do PSdeG-PSOE en Verín, solicitou a confianza dos veciños para "seguir transformando Verín como fixemos estes catro anos", porque, asegurou, "a nosa vila non se pode permitir nen un paso atrás, nen voltar ó século XIX nen as políticas caciquís e sen imaxinación". 

O actual alcalde dixo que "o que máis me enche de orgullo é sentir como Verín se pon como exemplo en toda Galicia de transformación dunha vila", lembrando como en catro anos o equipo de goberno foi quen de establecer a rede de parkings libres, "mellorando a mobilidade nunha cidade de servizos, o cal era imprescindible", ou establecendo os puntos limpos "que retiraron o lixo da rúa" e mellorando e recuperando o conxunto dos servizos urbanos. 

Tamén lembrou as tarefas de recuperación do "orgullo de ser a cidade da auga", simplemente, dixo "mediante a posta en valor dos nosas xoias balnearias, que estaban como Caldeliñas ou Fontenova, comidas polas silvas, e agora recibiron máis de 16.000 auguistas, e teñen noivos que as andan rondando, e  que espero agarden por reflotalas e convertilas de novo en referentes.

Te puede interesar