Ocio

Verín recibe a Magín Blanco e "A Banda das apertas"

photo_camera "A balada das apertas" de Magín Blanco. (Vídeo: C.C.).
O Concello de Verín organizou a cita de maneira totalmente gratuíta para o público

A Praza da Mercé de Verín foi a anfitrioa dun espectáculo musical para toda a familia, organizado polo Concello de xeito gratuíto, no que o público tivo especial protagonismo.

“A Banda das apertas” de Magín Blanco amenizou a xornada deste domingo na vila do Támega. Nesta nova producción, as músicas do creador conviven con outras coñecidas cancións que o público recoñeceu e coreou da música contemporánea, algo que permitiu gozar en familia dunha presentación escénica orixinal na que o público cantou, acompañou e, desfrutou de Magín Blanco e o seu equipo dando vida, enriba do escenario, a “A Banda das apertas”.

Te puede interesar