Verín regula nun plenario a súa situación financieira

pleno2_resultado
photo_camera Un momento da sesión extraordinaria celebrada na Casa da Cultura de Verín.
Na sesión levantouse o reparo de intervención a facturas do 2018 e 2019

O Concello de Verín avanza na elaboración dos orzamentos de cara ao exercicio económico de 2021 e pretende aprobar ditas contas ao longo das vindeiras semanas. Tal e como anunciara o rexedor local, Gerardo Seoane, o paso previo para facelo sería a celebración dunha sesión plenaria extraordinaria para regularizar a situación financieira da entidade local, un trámite que tivo lugar este mércores. 

En primeiro lugar, aprobouse -cos votos a favor do equipo de Goberno- o recoñecemento extraxudicial de facturas correspondentes aos anos 2019, 2018 e anteriores por importe de 1.773.974,83 euros, así como o levantamento do reparo de intervención para todas estas facturas por falta de consignación orzamentaria. Nesta liña deuse luz verde ao expediente de modificación de créditos, de suplementos de crédito e créditos extraordinarios, con cargo ao remanente líquido de Tesoureira do ano 2019 polo mesmo importe, é dicir, 1.773.974,83 euros, suplementando partidas de gastos do orzamento do ano 2020, así como creando partidas novas no orzamento de gastos do ano 2020.

Por último e tal e como avanzara Seoane, no apartado dos trámites financieiros e cos votos en contra do Partido Popular, foi aprobada a adxudicación do contrato da Operación de Crédito a curto prazo por importe total de 2.611.348,42 euros á entidade bancaria Caixabank.

Por outro lado, Diego Lourenzo, teniente de alcalde de Verín, foi elexido representante do Concello de Verín no padroado da Fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca.

Te puede interesar