Agenda cultural y de ocio

Verín retransmitirá en directo a ópera Nabucco

auditorio de verín febrero 2022 (c.c.)
photo_camera A retransmisión será dende o Auditorio. (Foto: C.C.).
A cita será este venres, día 15 de xullo, ás 20,30 horas no Auditorio Municipal

A ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, chega a Verín a través dunha retransmisión en directo da súa representación no Teatro Real de Madrid. A cita será no Auditorio Municipal o venres, ás 20,30 horas. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real.

As entradas, gratuítas e enumeradas, xa están dispoñibles na sala de exposicións do Concello de Verín, en horario de 18,00 a 21,00 horas. Dende o Concello informan de que para acudir a ver a ópera é necesario adquirir a entrada para acceder ó Auditorio.

Nabucco, a emblemática ópera que posicionou a Verdi como un símbolo do Risorgimento italiano a través do soado coro de escravos hebreos “Vai, pensiero”, está baseada na historia bíblica do rei de Babilonia e traslada a acción aos tempos do compositor e sitúa o foco nas relacións familiares, que son as que constitúen o verdadeiro núcleo deste pasional drama.

Te puede interesar