SALUD

Verín seguirá mantendo a “atención ao parto"

o hospital levará a cabo unhas obras na área de paritorios para garantir o servizo na zona os próximos anos

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras confirma o mantemento do servizo de atención ao parto no Hospital Comarcalde Verín.

Neste ano o Hospital de Verín atendeu 128 nacementos, o que supón un incremento do 16 por cento con respecto ao ano 2013. Dende a Xerencia de Xestión Integrada aseguran a continuidade deste servizo e esperan que esta progresión se  manteña o vindeiro ano. Esta continuidade fai necesarias "unhas obras de remodelación da Área de Paritorios que permitirán ampliar o seu espazo e dispoñer dunha nova sala de dilatación para parto natural".  Os traballos de ampliación iniciaranse o vindeiro xoves, 22 decembro, e dende a Xerencia aseguran que estarán rematadas para final de ano.

A reforma basearase na renovación do chan, a ampliación da área de control, a instalación dunha ducha para pacientes e a creación dunha nova sala de dilatación activa, que contará cunha bañeira de hidromasaxe para facilitar os partos.

A día de hoxe o Hospital Comarcal atende aos municipios de Verín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós e Vilariño de Conso e rexistra unha media de 10 partos mensuais.

Nos últimos anos o Hospital de Verín incluíu aos seus servizos novas especializades. Ese foi o caso de Dixestivo, Reumatoloxía, Cardioloxía e máis Neuroloxía. A ampliación da oferta das áreas de asistencia fai posible que os veciños da zona non se vexan na obriga de desprazarse ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para asistir ás consultas.

Te puede interesar