MONTERREI

O “Viaxe polo mundo das máscaras" chega a Verín

"Viaxe polo mundo da máscara", unha investigación etnográfica de 115 imaxes de máscaras galegas e portuguesas, será inaugurada ás 20,00 horas desta tarde de mércores

A mostra fotográfica sobre as distintas festividades do Entroido galego de Mercedes Vázquez Saavedra chega hoxe á vila verinesa, concretamente, á súa sala de exposicións. 

Mercedes Vázquez Saavedra asegurou que a súa vida "é o mundo da máscara. Un mundo máxico e paralelo. Non quero saír deste mundo de caras e enmascarados", manifestou. "Non me gusta nada a falta de principios e solidariedade que hai no real", engadiu.  

A mostra estará aberta ao público, a partir de hoxe, de luns a venres, en horario de 17,00 horas, a 20,00 horas. Poderase visitar ata o vindeiro día 14 do mes de xuño. 

A exposición xa foi presentada noutros lugares da provincia de Ourense, entre eles, o Museo da Limia, en Vilar de Santos, onde se exhibiu ata finais do pasado ano 2018. Na presentación participaron 66 cativos.

Te puede interesar