Vilardevós mellorará en Enxames o saneamento

vilardevós obra enxames
photo_camera Manuel Cardoso e Ethel Vázquez na reunión en Santiago.
O presuposto elévase a 1,1 millóns de euros

O Concello de Vilardevós e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade veñen de firmar un convenio de colaboración polo cal se mellorará o abastecemento e saneamento do núcleo poblacional de Enxames. Neste proxecto inclúese a renovación das dúas Edar do lugar. 

A actuación, a que se realizará en dúas fases, conta cun presuposto total de 1.131.452 euros. Nos vindeiros días comezaranse a realizar os procedementos administrativos para poder comezar a obra no menor tempo posible. 

Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, reuniuse con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, para estudar o traballo que se realizará en Enxames. “É unha grandísima nova para Vilardevós, levar a cabo unha actuación así Acabaremos cos problemas en Enxames”, asegurou Cardoso. 

Te puede interesar