Vilaza acolle este sábado un concerto de Óscar Ibáñez

P1050631
photo_camera Un concerto de Óscar Ibáñez y Tribo.
A cita será este venres la Alameda de Vilaza ás 21,30 horas

Despois de pasar polo Festival Folk Celta de Ponte da Barça en Portugal o pasado sábado, o gaiteiro e frautista pontevedrés Óscar Ibáñez chega este sábado ás 21,30 horas a Alameda de Vilaza, en Monterrei. Unha cita enmarcada nos concertos do Xacobeo, promovida pola Xunta de Galicia e o Concello de Monterrei. 

Entre este mes e setembro, dentro da programación do Xacobeo, Ibáñez levará a súa música aos concellos de A Lama, Cortegada, Xove, Padrón e voltará a Monterrei á Xuntanza Internacional de Gaiteiros. “Con esta comarca manteño un vínculo moi especial dende que 2003 cando coñecín na Habana a un músico nonaxenario fillo dun veciño de A Rasela, en Verín”, apunta o músico. 

A súa “Tribo” está formada por importantes músicos de longa traxectoria, que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga, Harry.c, Manuel Cebrián, Paco Dicenta, Carlos Castro e Carla Villanueva, ademais de cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia dirixidos por Xosé Romero Miguéns.

Te puede interesar