"Voluntariado Ambiental", o novo programa de Portas Abertas

O centro de desenvolvemento rural Portas Abertas da comarca de Monterrei segue estreando programas para este ano 2021.

Estes proxectos desenvólvense dentro dos programas do 0,7% do IRPF, e abarcan infinidade de temáticas, dende a atención aos maiores, actividades para nenos, formacións para as mulleres rurais, programas de inclusión e de intervención comunitaria, entre outros.

Ademáis, tamén engloban iniciativas ligadas directamente co medio ambiente, como é o caso do programa "Voluntariado Ambiental: Coñecer, conservar e coidar a nosa contorna". 

Dentro deste, unha parte importante irá encamiñada a sensibilizar e concienciar á poboación en materia medio ambiental. É dicir, a protección da natureza e preservación da biodiversidade, prevención de incendios forestais, coñecemento de enerxías renovables, a calidade da auga ou alternativas ó emprego de fitosanitarios, entroutros. 

Isto complementarase con formacións en materia medioambiental e actividades de concienciación global. 

Te puede interesar