Xogos e moita diversión en Riós

ludoteca móbil deputación en Riós
photo_camera Colchonetas en Riós.

Os cativos de Riós desfrutaron este luns da ludoteca móbil da Deputación de Ourense. Este servizo ofrece actividades de lecer para desfrutar dunha tarde de verán diferente no rural. A ludoteca móbil conta cunha zona deseñada para os máis pequenos -entre 3 e 7 anos- e outra para os maiores -de 8 a 14 anos-.

Entre as actividades que se están desenrolando atópanse atraccións inchables, unha zona interactiva, un toro mecánico ou unha festa da espuma con moita cor. Tras facer parada en Riós, o venres a ludoteca viaxará a Oímbra para concluír as actividades de verán do seu programa de conciliación familiar e laboral. 

Te puede interesar