Xosé Rivada e Rafael Castro promoven unha mostra en Monterrei

A exposición poderá verse de mércores a domingo en horario de 10,30 horas a 18,30 horas
A sala de exposicións do Hospital da Trinidade, na Acrópole de Monterrei, acolle dende esta semana unha exposición conxunta promovida polos artistas locais Xosé Gómez Rivada e Rafael Castro Vaamonde. Trátase, por unha banda, dunha selección de obras de escultura e de pinturas da serie Camiño de Santiago, elaborada por Xose Rivada, e, por outro lado, dunha pequena mostra da obra de xilografías e linografías vencelladas á temática da tradición popular, realizadas, neste caso, por Rafael Castro Vaamonde. Esta exposición conxunta poderase visitar de mércores a domingo en horario de 10,30 horas a 18,30 horas no devandito Hospital da Trinidade, en Monterrei. As persoas interesadas en visitala -que terán que cumprir con todas as medidas hixiénico-sanitarias- terán máis información no 988 36 13 60.

Te puede interesar