A Xunta comproba "danos nun autobús interurbano"

autobuses verin (c.c.)
photo_camera Imagen de archivo de la estación de autobuses de Verín. (Foto: C.C.).

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, fai un seguimento continuo dos servizos de autobús interurbano para garantir un servizo eficiente. A raíz das críticas dos usuarios de Monbus na liña Laza-Ourense, da que “non consta queixa formal ao respecto, aínda que si se ten coñecemento de que o vehículo sufriu unha avaría mecánica”, dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aseguran que “consta unha queixa o 6 de outubro remitida por unha nai dunha alumna do CEIP de Seixalbo, polo estado do vehículo que presta o servizo”. 

Ante a queixa, a Xunta someteu a unha inspección o autobús o 26 de outubro, constatándose “danos no interior do autobús”. A  Dirección de Mobilidade iniciou o expediente sancionador á UTE que presta o servizo.

Te puede interesar