Provincia

Xuntos por Laza pedirá en el pleno un reforzo de medios para a sanidade pública

Reclaman profesionais de cardioloxía, dermatoloxía, traumatoloxía e pediatría

A formación Xuntos por Laza levará ao vindeiro pleno da localidade -o vindeiro 14 de xaneiro- a cuestión do estado do Hospital de Verín. Neste senso, dende o grupo da oposición lamentan que dito centro, que presta atención a máis de 26.000 persoas de toda a comarca de Monterrei, "está a sufrir un paulatino deterioro". Aseguran que o seu servizo é esencial na contorna e recordan que, aínda que se quixo pechar o paridoiro, éste "segue a incrementar" o número de nacementos sendo "o único" da área sanitaria de Ourense en facelo. 

Dende Xuntos pedirán, mediante unha moción, que se poña tamén o foco noutros servizos vitais: "Seguimos sen dermatólogo. Logo da crise da covid-19 persiste esta situación, á que se lle suma a perda do cardiólogo e agora de dous traumatólogos, quedando o servizo só con dous. En Pediatría a situación non é moito mellor e coñecemos ben as deficiencias da mesma. Tal e como ten reivindicado a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei 'queremos Pediatría de noite e de dia'", manifestaron dende Xuntos por Laza. 

Por todo o anterior, o grupo municipal de Xuntos pedirá que non se trate a pandemia do covid-19 "como unha escusa para empobrecer a sanidade pública" e solicitará no plenario que se inste á Xunta  a incrementar os recursos para a atención primaria no hospital, así como o propio persoal. Tamén que se permita o acceso ao centro e se deixe a atención telefónica como un "complemento á atención presencial" e se dote ao centro dun cardiólogo, un dermatólogo, un traumatólogo e dous pediatras.

Te puede interesar