Política

Xuntos por Laza pide "unha PAC axeitada" para o interior

Dende o partido subliñan que ata o 2023 non haberá nova PAC polo que abogan por loitar a prol dunha reforma

Jorge Lorenzo Vila e Tamara Dosantos Añel, integrantes da formación Xuntos por Laza, presentaron unha moción para ser debatida no vindeiro plenario na que solicitan "unha PAC axeitada para o interior galego". Subliñan que, ata o 2023, non haberá nova PAC polo que abogan por loitar a prol dunha reforma "que ten que ser unha oportunidade para o interior galego, pois precisamos unha nova política que impulse a transición cara a sistemas alimentarios sustentables, recuperando o protagonismo de produtores e consumidores na cadea alimentaria e promovendo a produción e consumo de alimentos saudables en ecosistemas sans", din dende Xuntos por Laza. "Até o de agora a PAC eliminou labregos e labregas e foi un fracaso canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén no tocante ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores", engaden.

Para a formación Xuntos por Laza, a nova PAC debería contar con dotación orzamentaria suficiente, tender á simplificación para favorecer a súa comprensión, apostar por servizos de asesoramento público, establecer topes por persoa ou impulsar un só pago como axuda básica á renda.

Te puede interesar