Parados e precarios de Ourense únense nunha asemblea aberta para darse voz

Asemblea de Precarios

Este venres 21 de decembro ás 20:00h no Centro Cívico da rúa Colón, terá lugar
unha asemblea libre aberta a todo traballador parado ou precario, que teña a
intención de elaborar colectivamente unha resposta ante ao ataque e invisibilidade
ao que se ven sometidos este tipo de traballadores na situación de crise actual.
«A reforma laboral non serve para nada, temos que ir á raiz do problema. Os gobernos
dunha cor e outra son os culpables da nosa situación actual, e aínda por riba os
sindicatos e a suposta “esquerda” non fan nada para pararlles os pés a estes criminais»,
sinala un dos traballadores impulsores desta iniciativa.

«Desemprego, xente que temos contratos de risa, familias enteiras que van á rúa por non
poder asumir os pagamentos da hipoteca que levan pagando toda a vida, e mesmo xente
que se suicida porque xa non lle ve saída a todo isto. E que fai o goberno? Non só non
queren responsabilizar aos banqueiros e empresarios culpables da crise, senon que lles
dan os millón que nos quitan dos servizos públicos de todos para que estes sigan cos
mesmos vicios», explicou Laura, licenciada de 23 anos, e cun contrato de prácticas.

Este grupo de traballadores, piden ademáis que sindicatos e partidos políticos, sepan dar
unha resposta axeitada castigando aos “verdadeiros culpables da crise” e “aplicando
políticas socialmente máis xustas que as actuais”.

«Acabouse iso de que se aproveiten do traballo dos “curritos”. Condenan á xente a pasar
fame e miseria polo mero “delito” de querer unha casa e un emprego estable; e aínda por
riba o goberno dalles os cartos que tamen saen do peto de parados e desafiuzados? Aquí
hai que facer xustiza. Temos que reclamar o que é noso, que senon ninguén o vai facer
por nós» sinalou Emiliano, un dos traballadores en paro que acudirá á asemblea deste
venres.

Vémonos este venres 21 de decembro ás 20:00h no Centro Cívico da rúa Colón

Te puede interesar