Barxela, un pobo do concello de Maceda cheo de buratos e bulleiro

pueblo
Dende finais do mes de xullo, que empezaron as obras, supostamente de abastecemento de auga polo Concello (que ata a data non se puxo en funcionamento), pasando un verán no que as rúas estaban totalmente levantadas, cheas de escombros, case que sen poder pasar ata as casas de algúns veciños cos coches e malamente a pé, uns rebentaron rodas, pinchazos, etc. Nin puido pasar un taxi no que viña unha doutora do centro de saúde dende Maceda, ata o domicilio dunha persoa de idade de 97 anos que se atopou mal de noite, tendo que vir a pé dende o medio do pobo. Afortunadamente non tivo que ser trasladado en ambulancia, de ser así sería imposible, e a mesma doutora dixo que non se podía permitir que o pobo estivese nesas condicións, polo risco de que non puidera pasar unha ambulancia de ser necesario. Por parte da persoa responsable da obra do Concello, cando se lle protestaba polo estado das rúas, a xustificación que daba era que non nos queixásemos que se estaba facendo unha obra en 15 días; pois bueno, desafortunadamente, xa pasaron tres meses, e as rúas non teñen os escombros, por suposto, pero atopámonos igualmente sen establecer o abastecemento do servicio de auga, coas rúas cheas de buratos e bulleiro, que son un perigo para as persoas, animais, vehículos, etc, tal como se pode ver nas imaxes que se fixeron no día festivo de Santos (1 de novembro).

Te puede interesar