Un cartel que só serve para confundir na zona termal

A promoción exterior da zona termal de Ourense está a dar froitos, porque cada vez son máis os visitantes de fora, o que ten que levar aparellada unha maior esixencia para o Concello con fin de evitar erros para que os visitantes volten.
Un deles é esta sinal informativa que está detrás do campo da feira, no paseo que vai das burgas das Caldas ao Tinteiro, xa que só serve para confundir. Xustamente para onde sinala a frecha non hai ningún acceso peonil nin ningunha zona termal.

Te puede interesar