Este verán temos unha cita con 'Casualidades' unha curta protagonizada por Roberto Porto.

'Casualidades', unha curtametraxe que se rodará integramente en Celanova

cartel
A partir do 20 de Maio ponse en marcha a preprodución dunha curtametraxe que leva por título 'Casualidades' e que se rodará integramente no concello de Celanova.
Durante o mes de Xullo actores coñecidos como Roberto Porto ou Rafa Durán pasearanse pola vila para rodar o segundo proxecto que fan os creadores e mentores de 'Oculta Identidade'.
Os creadores do que é a primeira serie de TV feita para internet, concretamente o director e a prodctora poñense mans a obra para organizar o que será a sua primeira curtametraxe e que se rodará na comarca de Celanova.

Un proxecto do que podemos adiantar a trama, 'tres amigos que aparentemente non se coñecen de nada, verán que as suas vidas se entrecruzan. cousas extrañas que para eles son 'casualidades' serán o seu modo de vida ata que sean conta que a solución está nas súas mans'.

En canto ós actores protagonistas son tres, Roberto Porto coñecido por 'Pradolongo', Rafa Durán (presentador de 'Buenas noches y buena suerte en Antena 3', adeus Edrada?') e outro que seleccionará o director e a productora nun casting que se fará en celanova a finais de xuño.

Carmen Valugo é a encargada de dárlle ritmo á curtametraxe sendo a creadora da música orixinal, pola sua parte Bruno Nieto contará nesta ocasión con outro director e Paula Mariñas (produtora de Oculta Identidade') repite o seu cargo.

Aínda que o casting non se fará ata xuño, o equipo está a buscar ese rostro que falta para formar o elenco dos protagonistas, podendo mandar os teus datos o seguinte correo electrónico: [email protected]

Te puede interesar