El Cronista Local | Unha falta de respeto

Visitei o cemiterio de San Francisco e atopei a lápida do noso querido Xosé Fernández-Oxea (coñecido como Ben-Cho-Shey) nun lamentábel estado, toda luxada, con partes da inscrición que non se poden ler. Ver a súa lápida desa maneira é triste. Quería chamar a atención das autoridades do Concello de Ourense, responsábeis da limpeza do cemiterio, para que por favor a limpen. Non lle podemos faltar ao respecto á dignidade dunha persoa tan importante da nosa terra.

Te puede interesar