O Entroido de Xinzo, e as Filloas de Mandianes

Que Manuel Mandianes e doutor en etnografía e antropoloxía social non o dubida naide, que ademais diso, ten un brillante curriculum nas ciencias humanísticas avalado por unha morea de traballos publicados, tampouco; Por iso sorprendeume escoitar o pasado martes os seus comentarios na retransmisión da TVG do desfile de Xinzo.
Como si de unha parodia humorística se tratase, Mandianes durante a retransmisión, foi parindo, - o digo respectuosamente - as súas teorías pola televisión, mentres a presentadora sorrindo dicíalle “¡non me fastidies!” sorprendida por tanta conexión cósmica, funeraria e indoeuropea de todas e cada unha das mascaras, comparsas e carrozas que pasaban fronte deles…
O certo é, que semella que Mandianes, deixouse afectar polo entusiasmo nihilista, e a transgresión entroideira, para facer toda unha tese doutoral, por veces alucinante, sobre o Entroido de Xinzo, o seu ciclo, e os nosos elementos mais senlleiros: Dende as Pantallas, ata a sorprendente explicación do Oleiro, que resulta que o facemos, para rirnos das Olas… ¡El saberá!

Durante os comentarios que fixo do desfile, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, o Profesor non se resistiu a espallar, unha vez mais, a súa alucinante teoría das Filloas: Símbolos lunares, preeuropeas, relacionadas coa Vía Láctea, o cosmos, a morte e os porcos, -e tamén co Entroido claro-, que mesturadas coa mel das abellas, que son as ánimas dos devanceiros que veñen da lúa, ¿serán cecas a síntese do celtismo galego...?

Eu que respeto, e admiro o Profesor Mandianes, no tocante o Entroido, e por suposto o de Xinzo, quedo sen dubidalo con investigadores como Federico Cocho, que o estudou en profundidade, e que o viviu de perto. Por certo, das filloas, e sinto decilo, tamén me convence mais a teoría de Federico, que di que son redondas porque a tixola onde se friten e redonda, e punto.

Quizais seria interesante pedírlle-lo vídeo do desfile a TVG para gardalo no Museo do Entroido, como unha desas xollas documentais entroideiras, verdadeiramente curiosas.

Te puede interesar