Cando o mosteiro de San Salvador foi cárcere

Estrea 'San Salvador. Presos en Celanova'

Invitación ó acto
Este sábado 27 de decembro, estrearase no claustro barroco do mosteiro de Celanova, ás 19:00 horas, o documental 'San Salvador', o que estará acompañado por unha serie de xornadas contra a represión durante todo o día.

San Salvador é a historia do Mosteiro que se converteu en cárcere, a traxedia e a emoción contada polos seus protagonistas e familiares. Ó estalar a guerra civil o mosteiro cambiou a súa función pola de cárcere, albergando a milleiros de presos políticos durante oito anos, o cal supuxo para a pequena vila ourensá de Celanova un cambio dramático na súa forma de vida.
Os “paseos” polo monte Furriolo van ser a expresión mais cruel do sucedido, sendo unha simple queixa polo xantar servido motivo suficiente de execución. O galeguista Elixio Rodríguez, un dos primeiros presos, lembra que os “paseos” eran diarios e que el mesmo estivo a piques de ser asasinado de non ser polo cariño que lle profesaba a filla dun alto cargo.

O Mosteiro de San Salvador está cheo de testemuñas dignas de recordo, e mesmo o poeta Celso Emilio Ferreiro escribiu na súa estadía un dos poemas máis famosos da nosa literatura.

TARDE
19.00h: Presentación do documental San Salvador, de Patricia Nogueira, sobre cando o mosteiro de Celanova foi prisión, coa presenza dalgúns protagonistas e unha actuación musical. Haberá un debate e pinchos ao remate do pase.

MAÑÁ
11.00h: Presentación da nova edición do Caderno Arraiano sobre Represión, Solidariedade e Resistencia antifranquista na Raia, coas intervencións de:
Xosé Luís Méndez Ferrín, que participa cun artigo nesta publicación.
Carlos Pereira, neto de Celso de Poulo, alcalde republicano de Gomesende asasinado polos falanxistas en agosto de 1936 no Alto do Furriolo.
Xulio Medela, redactor e coordinador da sección de cinema e audiovisual da revista Arraianos.
Aser Álvarez, director da revista Arraianos e coordinador deste Caderno Arraiano.

Te puede interesar