Gamberrada ou algo máis?

lector denuncia vandalismo

Este domingo 7 de abril na rúa Pena Nofre apareceu a acera e varios portais manchados con esta especie de polvo de cor verde azulado. Ou é unha gamberrada ou dada a problemática que temos nesta rúa cos excrementos dos cans alguén decidiu tomar medidas máis enérxicas cas de por as típicas botellas de auga para evitar que os animais fagan as súas necesidades nos portais. Mencionar que os servizos municipais de limpeza rara vez pasan pola debandita rúa, que as veces parece un estercoleiro. Aclarar que ó porme en contacto co 092 estes responderonme que ata a noite non podían facer nada, ignorando que eu lles comentase que quizá podería ser un elemento tóxico cos riscos que eso conleva. Ante esto chamei a Policía Nacional que en dez minutos xa enviaron unha patrulla

Te puede interesar