Lixo e matogueira no abandonado Campus de Ourense

Campus, lector denuncia

Rúa Canella da Costa da Vela no Campus de Ourense, paralela a avenida Otero Pedrayo. Un paraugas e unha alfombra ciscados na parte axardinada. Claro que dicir axardinada é unha esaxeración. Acaíalle máis o calificativo de monte ou matogueira. Un exemplo máis do abandono total do Campus, e xusto a carón da recén inaugurada e, polo tanto, abandonada Otero Pedrayo, coas súas fontes apagadas e o seu céspede artificial colocado á vaiche boa e sen xeito ningún ao redor delas.

Te puede interesar