E a marquesiña... chegou polo Nadal

O pobo de Parada, no municipio de Barbadás, leva esperando pola súa primeira marquesiña dende os tempos dos primeiros moradores.
Os seus habitantes non lembran esperar un autobús ó acollido, empezando polos máis cativos que as oito da mañá, chova ou neve, están ó sereno. Despois de moitas peticións, por fin comunicóusenos que mandaban a tan esperada marquesiña que ía cambiar a vida dos veciños, e tamén do entorno... E vaia se o mudou! Todos ansiosos esperando este momento. Que nervos! E pra sorpresa dos alí presentes, aparece semellante mamotreto, carcomido e obsoleto, unha peza de museo.

Te puede interesar