O pasado 11 de Marzo estreouse a serie da que estiveron pendentes mais de 1000 persoas.

Oculta Identidade consigue un éxito notable na noite da sua estrea con mais de 1000 descargas en 3 horas.

fotograma do capitulo 3 de Oculta Identidade.
'Oculta Identidade', ese é o titulo da primeira serie en galego rodada exclusivamente para internet. O 11 de marzo estreouse, con algo de retraso, conseguindo en a penas tres horas mais de 1000 descargas.

Este Martes subirase xa o terceiro capítulo esperando que manteña as mesmas visitas e os mesmos espectadores, xa que o obxetivo fundamental é 'enganchar'.

Os seus creadores teñen previsto rodar unha parte dun capítulo en Celanova con actores exclusivamente da vila.
Aínda quedan 3 meses para coñecer toda e única verdade que enmascara a desaparición de Cristian Pazos. Moitos motivos, moitos sospeitosos e solo unha verdade que todos tratarán de averiguar.

A escola de Imaxe e son está a co-producir a primeira serie de ficción galega feita para a internet, dirixida por Bruno Nieto e producida por Paula Mariñas, a serie está inspirada en Motivos personales ou Circulo Rojo.

O éxito conseguido foi mais que notable xa que a media de descargas dos dous primeiros capítulos atopase en 1500 sobrepasando os obxetivos que nun primeiro momento tiñan os seus creadores.

Queda 1 mes de rodaxe pero as sorpresas para a serie non fixeron mais que comezar, xa que se ten previsto gravar unha parte da serie en Celanova con actores exclusivamente da vila. Para iso so se precisa ter ganas e poder estar 1 fin de semana a disposicion da proutora quen ten previsto faer un casting a principios de Maio.
Os interesados deben mandar un correo a: direció[email protected], mandar os seus datos, teléfono e unha fotografía.

Te puede interesar