Paus de cego

A Troika
A política económica deste país non pode seguir sosténdose na persistencia dunha mestura inadecuada dos seus sectores produtivos.
Por máis que voces acreditadas advertisen coa anticipación debida do inconveniente que representaba basear as medidas de reactivación económica nun formato de austeridade enérxica sen acompañamento de políticas de crecemento, o goberno do PP, tomou partida pola lixeireza desatendendo a opinión de fontes expertas, e como se tal cousa fora, a través dunha fraude poselectoral decidiu facer xustamente o contrario do que comprometera cos seus votantes, apostando por embarcarse na temeridade sen sopesar as consecuencias inducidas.

Para maior concreción, hase dicir que os membros do grupo político conservador unha vez consolidados como Executivo, prescindiron do mandato das urnas optando por someterse unilateralmente ao ditado da troika, para acatar como correctas as medidas e reformas económicas impostas polos membros dese club, (Comisión Europea, Banco Central Europeo y Fondo Monetario Internacional); cuxa contrapartida á súa adscrición, ao parecer, faría obrar o milagre de sanear as nosas contas e impulsar o ritmo do crecemento.
Imperdoable erro, pois o correr do tempo puxo de manifesto que aquela anexión, mais que achegar as presumibles vantaxes fixo que caésemos nunha espiral de recesión; extremo que non só causou a suspensión na nosa recuperación económica senón que para maior contrariedade veu delatar que estabamos a avanzar marcha atrás.

Nesta dirección, é fácil percibir o fracaso das políticas fundadas nese formato de austeridade en solitario, como tamén deducir que coa súa aplicación dificultouse a estabilidade e o crecemento económico; limitación que desencadeou unha inactividade extensiva, cuxos síntomas característicos foron a destrución encadeada do tecido produtivo e por expansión o incremento desproporcionado do desemprego até alcanzar límites inusitados.

Factores que ademais do dano repercutido aos directos afectados, desde o estrito plano económico, a evolución do seu impacto, impediu manter a estabilidade necesaria para garantir a xeración de ingresos públicos cos que afrontar a redución do déficit ou a diminución do groso da débeda pública.
Representando esta complexidade unha reafirmación engadida para sentenciar que as políticas de austeridade que veñen aplicando coa xustificación de mellorar as finanzas públicas, polo seu notorio carácter improductivo, exercen a función oposta aos prognósticos que patrocina o Executivo, pois como queda visto, sen a impulsión de alternativas de crecemento a débeda é impagable e o seu incremento toma formato exponencial, aspectos que de non remediarse obstaculizarán aínda mais o acceso á reactivación.

Pois ben, agora consumado o fracaso, cando o grao de deterioración faise insoportable, cando as peores perspectivas desbordan o pesimismo das previsións estatísticas e a conflitividade aprópiase das rúas. Nesa situación extrema, con mais empeño se cadra, debemos seguir esixindo que quen coas súas actuacións leváronnos á crise, sexan os obrigados a sacarnos dela; pero obviamente, mantendo a premisa que para tal finalidade, é condición 'sine qua non', renunciar á continuidade do actuado, para centrar as accións nun cambio de mentalidade, no bo sentido de habilitar as bases apropiadas para o establecemento dunha economía social e sustentable, previo diagnóstico da actual estrutura produtiva.

A política económica deste país non pode seguir sosténdose na persistencia dunha mestura inadecuada dos seus sectores produtivos, como tampouco, podemos dar continuidade a un modelo de futuro sustentado en recorrentes dinámicas coa improvisación como factor dominante, ou sorteando os obstáculos funcionais dando paus de cego. A situación esixe solucións apropiadas e nesa traxectoria temos de dirixir o noso obxectivo que pasa ineludiblemente pola creación dun Plan operativo de desenvolvemento económico, estruturado na economía produtiva, a potenciación industrial e a innovación tecnolóxica. Debendo conter por eficacia, unha programación de temporalidade do desenvolvemento do planificado, como así mesmo, a dotación orzamentaria adecuada para levar a bo termo o seu contido estratéxico.

Esta ten de ser a folla de ruta apropiada, cuxa eficacia debera contar co consenso vinculante dos axentes sociais e o necesario referendo político do Parlamento. Esta alternativa é unha ferramenta esencial para iniciar o camiño ao futuro de forma ordenada, con paso firme e decidido; a vía oposta é darlle continuidade ao entreguismo deixando a economía do Estado, a expensas da decisión unilateral dos mercados financeiros. Nesa tesitura cada quen ten de tomar posición, sabendo que en política, os riscos son unha opción e as consecuencias a resposta debida.

Te puede interesar