Oculta Identidade serà proxectada o martes, 5 de agosto no Claustro Barroco de Celanova.

A primeira 'ciberserie' galega remata o seu camiño en Celanova.

cartel da serie
Pasaron màis de 9 meses logo de que a idea dun grupo de alumnos da escola de Imaxe e Son decidise realizar a primeira serie en galego para internet. Pasaron 9 meses de duros rodaxes, inconvintes, arranxos no guiòn, problemas de produciòn pero sobre todo de grandes ilusiòns.
En novembro de 2007 xurdia a idea de OCULTA IDENTIDADE, unha serie que tiña algo peculiar, a sua emision por internet.
Nove capitulos e unha media de 1800 seguidores fixeron que a serie tivese repercusiòn no audiovisua galego, sendo a pioneira que se facia na nosa lingua en Galicia.
Agora, e logo dun tempo de descanso, A serie serà proxectada no claustro Barroco de Celanova as 22.30 horas con motivo das festas de San Roque.

Unha nova ediciòn especialmente diseñada para a sua proxecciòn en Celanova serà o ùltimo paso que daran os seus creadores con este proxecto.

A cita acudirà o seu director, Bruno Nieto, duas actrices protagonistas, Carmen Àlvarez e Luana Àlvarez e Roberto Porto (actor protagonista do corto sobre a mesma serie).

MÀIS PROXECTOS:


Os creadores da serie comezaràn a trabalar en setembro na curtametraxe de Oculta Identidade, protagonizada neste caso por Roberto Porto, Rafa Duràn e Olalla Salgado.
Tamèn traballan nun novo proxecto, en algo que darà moito que falar e que racharà todolos esquemas... pero para iso teremos que esperar uns meses.

Te puede interesar