El cronista local

Las tormentas inundan O Carballiño

dav

O pasado martes 11 de agosto unha nova tormenta asolagou a vila do Carballiño, unha tormenta “nunca vista,” algo parecida á acontecida o día 19 de abril de 2020.

Coma nas anteriores, os mesmos puntos quentes da vila quedaron asolagados: rúa Evaristo Vaamonde, avenida de Compostela, Polígono… Coma nas anteriores, os veciños destes barrios volvemos pasar un mal rato de impotencia vendo coma os nosos baixos e garaxes se inundaban con auga sucia, mestura de augas fecais e pluviais. 

dav

Dada a reiteración destes feitos, e ante a falta de resposta aos escritos presentados por esta familia no rexistro do Concello do Carballiño, sen que se lles de resposta nin escrita nin actuación algunha para solucionar o problema, optamos por atrincherar a nosa casa a base de sacos de area, actuación que non foi suficiente. 

Estimada Corporación Municipal, isto non acontecía antes das obras de acondicionamento dos arredores do Templo da Veracruz. Por riba, o arranxar rúas coma Eusebio Lorenzo Baleirón, que vai dar a Evaristo Vaamonde, e non lle poñen nin unha soa acometida para recollida de auga da chuvia, polo que esta corre coma un río pola rúa abaixo e acumúlase en Evaristo Vaamonde. Poñan solución xa.

Te puede interesar