Trampa para peóns

sda

Ese é o estado no que se atopa a beirarrúa na esquina entre as rúas río Cobas e río Camba. Na tarde de onte fun testigo da aparatosa caída dunha muller a que axudei a levantar despois dun tremendo trompazo. No pouco tempo que estiven alí, a man, que soportou o maior peso da caída, tornárase nunha cor vermello-verduzca que non auguraba moi boa cousa. Tamén me permitín aconsellala que denunciara o Concello, xa que, por desgraza, esta é a única maneira que parececer entender e así evitar futuros traspés de avós, que seguro levarían unha peor parte. Outra mostra máis da política da fantasmada ourensana, moita parafernalia para ter aquí a "La Vuelta" e deixamos "a monte" os nosos barrios... pero que máis da, sigamos sendo unha cidadanía anestesiada.

Te puede interesar