O concello no recolle os verquidos que hai nos regatos e montes.

Vergonza no concello de Carballeda de Avia

Fotos dos residuos
Diversos informes do SEPRONA do cuartel do carballiño e mesmo unha carta dunha asociacon ecoloxista que protexe aos regatos e rios non conseguiron que o sentido comun aflorase no alcalde para solucionar este problema e non hai nengunha explicacion racional a sua falta de accion.
Son un veciño do concello de Carbaleda de Avia e dende hai anos veño denunciando a (ausencia) politica de proteccion ambientel que desenvolve o concello.
Nesta aldea xa temos retirado lixo similar a este noutras ocasions dos regatos e montes para poñelo a veira da estrada como denuncia desta falta de sensibilidade polo que o problema xa non e de agora.
En concreto, respecto a este verquido que se mostra na foto o alcalde ten coñecemento dende a semana santa do ano 2007 pois eu mesmo informeino persoalmente e ahi esta esperando. O concello agora ten persoal e maquinaria que permitiria solucionar este problema nunha hora.
Sorprende, ademais, que tendo coñecemento desta problema non teña publicado nengun bando informando aos veciños da prohibicion de realizar estes verquidos ou, nen siquera, poñer un cartel indicando tal prohibicion como si ten feito noutros lugares.
Todo isto e moi sorprendente se se pretende potenciar o turismo rural e os roteiros a pe (Ruta dos muiños) polo concello como se seta a facer dende a alcaldia.
Apelando unha vez mais ao sentido comun e desexable que este tema se solucione dunha vez e non haxa que emprender accions mais explicitas ou directas.
Podese consultar mais informacion sobre este problema na paxina: http://www.asfremosas.com na seccion galeria de fotos.

Te puede interesar