De los lectores

¡Viva o civismo dos entroideiros!

De los lectores

Denuncia

¡Viva o civismo dos entroideiros!

Para algúns cidadáns, se supón que para os máis novos aínda que haberá de todo, correr o Entroido non é andar polas rúas disfrazado e trouleando, senón montar un bó botellón.
Así debeu de ocurrir na noite do luns, pois quenes paseaban na mañán do martes polo parque situado á beira do miño, entre a pasarela do centro comercial e a Ponte Vella atopáronse coa estampa que amosa a fotografía. Todo cheo de restos de bebida e bolsas de plástico, un emporcallamento indigno de persoas civilizadas.