O CARBALLIÑO

A Global Muiñeira chega á Festa do Pulpo

A exposición centrada na Global Muiñeira nárrase en forma de taboleiro no que os visitantes terán a oportunidade de relatar cal é a súa acción máis teimuda, ademais de poder bailar a Global Muiñeira diante da cámara

Con motivo da Festa do Pulpo, O Carballiño acolle este domingo 12 de agosto a exposición da Global Muiñeira de Vivamos como Galegos! A mostra, que terá lugar na avenida do Arenteiro, poderase visitar durante todo o día, de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

A exposición deste ano, centrada na Global Muiñeira, cóntanse cun espazo en forma de taboleiro no que os visitantes terán a oportunidade de relatar cal é a súa acción máis teimuda, ademais de bailar a Global Muiñeira diante da cámara. A iniciativa forma parte dunha campaña na que se pretende atopar ao #TeimudoPerdido de cada vila galega. 

As persoas que visiten a exposición recibirán de balde unha pulseira da campaña "Vivamos como galegos" e os que se animen a bailar na acción exterior do photocall poderán acadar unha bolsa da GlobalMuiñeira e entrar no sorteo de 10 abonos dobres para acudir ao Festival de la Luz deste ano.

A exposición tamén ofrece imaxes e vídeos de campañas anteriores das publicidades de supermercado Gadis.

Te puede interesar