O CARBALLIÑO

A Ínsua dos Poetas homenaxea ao finado Victor Campio Pereira

romanfestadapalabra3_result

Unha semana despois do seu falecemento e con motivo da X edición da Festa da Palabra, ao evento acudiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou este sábado na X edición da Festa da Palabra, na Ínsua dos Poetas, onde se lle rendeu unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira, unha semana despois do seu falecemento.

Román Rodríguez loou a obra poética do de Garabás (Maside), que destaca pola súa “calidade, fondura e sinxeleza”, así como as outras facetas como articulista, narrador e adaptador de obras teatrais.

O conselleiro tamén resaltou o traballo desenvolvido pola Fundación Ínsua dos Poetas para consolidar esta cita anual coa cultura que é a Festa da Palabra, e que ten como principal obxectivo o recoñecemento a persoas e entidades que traballan no fortalecemento da lingua e da cultura galega.

Te puede interesar