Aberto o prazo para solicitar axudas por causa do covid-19

O Boletín Oficial da Provincia Nº 194 fai pública a convocatoria para a concesión de axudas a empresas do Carballiño, en réxime de concorrencia non competitiva. Están destinadas a autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial ou negocio radique no termo municipal do Carballiño, e este último permanecera pechado ao público ou detivese a súa actividade empresarial como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma, e cumpran os requisitos que se establecen nas bases reguladoras, sendo a finalidade última delas o fomento de emprego no termo municipal.

O Concello establece un límite máximo de subvención do 90% do total do gasto subvencionable, que non terá en conta o IVE. Os límites máximos de subvención por beneficiario serán de 1.000 euros, e dispoñen de 15 días para solicitala.

Te puede interesar