O CARBALLIÑO

Ábrese o prazo para solicitar a instalación de mesas nas rúas da vila carballiñesa

Os hostaleiros interesados deberán presentar os impresos e demais documentación no concello

 Mañá ábrese prazo para solicitar a instalación de mesas, cadeiras, tarimas e outros elementos análogos en lugares de dominio púbico por parte da hostalería para o próximo ano 2019. Este prazo, que rexerá tanto para renovación como para a primeira autorización, rematará o 20 do mesmo mes de decembro.

O período de ocupación para o exercicio 2019 na tempada anual é desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro. Os interesados poderán recoller os modelos de solicitude  no departamento de Servizos Públicos e Información, e no Rexistro Xeral do Concello, situados na pranta baixa da Casa consistorial. E tamén se poderán descargar na páxina web www.carballino.gal dentro do portal de transparencia/normativa/ordenanzas e regulamentos.

A documentación a presentar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da ordenanza reguladora, e entregarase no Rexistro do Concello e demais formas previstas do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.

Te puede interesar