Os accesos do entorno da A-54 teñen socavóns

A Asociación de Veciños de Santián, do Concello de Maside, remitiron un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para que proceda a arranxar os accesos que resultaron afectados polas obras de construcción da autovía A-54 de Carballiño a Ourense.
O portavoz da entidade veciñal, Antonio López Fernández, diríxese ó departamento autonómico, manifestando que 'os camiños de servidume foron acondicionados con criterio de provisionalidade, e sen un asfaltado razonable', e engadindo que a maiores do servizo ás fincas tamén son utilizados para a circulación de vehículos e tamén como conexión da estrada que une Treboedo e Carballiño coa rotonda de partida da autovía.

Os veciños da localidade de Santián afirman que abundan os baches, 'que xa teñen forma de auténticos socavóns, facendo intransitable un curto treito duns 100 ou 200 metros nun lugar que o seu deterioro favorece utilizar este espacio coma aparcadoiro do poboado xitano, polo que non estaría por demáis porlle proteccións laterais'.

A asociación de veciños tamén sinala que 'estos espacios marxinais entre concellos limítrofes (Carballiño e Maside) só conducen á despreocupación na xestión municipal, polo que alguén terá que ocuparse de repoñer servizos'.

Te puede interesar