CARBALLIÑO

Achado de novas pezas da antiga fábrica de papel

lavandeira
photo_camera Aspecto actual do espazo da Lavandeira (C.R.).

En próximos días comezará unha brigada de peóns forestais, que acondicionará o espazo natural do conxunto da Lavandeira e procederá tamén a limpar o Parque municipa

A escola-taller “Carbosan” continúa cos traballos de rehabilitación da antiga fábrica de papel da Lavandeira para a construción dun edificio que acollerá a recepción, administración e aseos do futuro museo, pero tamén na recuperación do exterior, onde vai o engranaxe para transformar os tecidos en pasta de papel.

Ese labor está deixando ao descuberto algunhas pezas de pedra orixinais que estaban ocultas baixo a terra, e que son parte dese engranaxe do proceso industrial da fabricación de papel no século XIX. Se ben as cinco norias e mazas que van nos arcos da canle de auga serán encargadas a unha carpintería especializada, unha parte do labor de cantería o realizará a escola taller aproveitando as pezas atopadas. Tamén se colocarán paneis informativos.

En próximos días comezará unha brigada de peóns forestais, que acondicionará o espazo natural do conxunto da Lavandeira e procederá tamén a limpar o Parque municipal, de xeito que poda ofrecer a mellor imaxe posible durante a próxima Semana Santa.

Te puede interesar