CULTURA

Actuación de tres corales e un grupo de danza no Casino

<p></p>
photo_camera Acto de presentación do festival.

A Coral Polifónica organiza o XXXIII Festival Galaico portugués, no que participará o grupo +QDANZA de Lalín

A Coral Polifónica do Casino de Carballiño presentou onte o XXXIII Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que se celebra o sábado, no salón da entidade recreativa, ás 20,00 horas. Contará coa Coral Polifónica Maruxía, de Bueu; o Grupo-Coral Santa Cecilia de Calvao, deAveiro (Portugal),e coa Coral Polifónica do Casinodo Carballiño. Ademais, este ano ofrécese como novidade a interpretación dun tango polo grupo +QDANZA de Lalín.

O director da coral anfitriona, Jaime González destacou a importancia deste festival, que conta cunha longa historia e que é unha referencia no panorama das corais afeccionadas de Galicia. Asimesmo, incidiu na calidade das corais invitadas a esta edición e na ampliación do programa cunha exhibición de danza coa colaboraci ón do grupo+QDANZA de Lalín. O secretario da agrupación, Antonio Luis Santiago fixo un chamamento aos veciños do Carballiño e da comarca para asistir a este evento, que culminará coa interpretación conxunta dunha canción polas tres corais participantes.

Te puede interesar