CONCELLO

Adolfo Nogueira garante as quendas da Policía Local

precisou que prorrogar dous meses máis os seus contratos non era viable, xa que precisábase realizar un novo proceso selectivo que levaría facelo un mes

O concelleiro de Seguridade, Adolfo Nogueira, garante o cumprimento das quendas da Policía Local para cubrir o servizo e rexeitou o "uso partidista" polo grupo do PP que está a facer dos auxiliares que remataron os seus contratos de tempada no mes de outubro. 


Nogueira precisou que prorrogar dous meses máis os seus contratos non era viable, xa que precisábase realizar un novo proceso selectivo que levaría facelo un mes, cando menos, e que polo tanto só permitiría incorporar aos auxiliares dúas ou tres semanas como moito, ata o 31 de decembro. Nogueira agradeceu aos axentes un cambio nas vacacións de Nadal e insistiu en que non se suprimirá ningún servizo, tachando ao portavoz do PP, Argimiro Marnotes, de irresponsable por alarmar á cidadanía. 

Te puede interesar