Fumega pide á Xunta axudas para os establementos pechados

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, vén de remitir unha carta ás autoridades autonómicas coa finalidade de demandar axudas para os sectores afectados polo peche dos negocios a causa do covid-19. Na carta, que se enviou este xoves ao delegado territorial da Xunta en Ourense, entre outras autoridades do goberno galego, explícase a situación económica extrema que padecen estes negocios afectados polo peche e reclámase unha entrevista para precisar o apoio da Xunta de Galicia.

Segundo indica Fumega "a hostalaría está a vivir unha situación extrema que pode levar á desaparición de gran parte dos establecementos a curto prazo ao non poder facer fronte aos gastos. Así mesmo, debemos recordar que este sector, debido ao auxe turístico e á dinamización da vila nos últimos anos, destaca polo gran número de locais (100 aproximadamente) e traballadores, que sosteñen unha parte moi importante do tecido económico do Carballiño (panadarías, peixerías, carnicerías, empresas de  limpeza e mantemento...). 

Por iso, o rexidor municipal, ao dirixirse ás autoridades autonómicas, o fai solicitando "que se poña en marcha, desde a administración autonómica, unha liña de axuda directa aos establecementos pechados por estar obrigados (bares, ximnasios...) ou por non poder dar servizo no local (restaurantes)".  Engade que "entendemos que esta axuda non se pode demorar debido á situación de urxencia actual. Asemade, solicitamos unha reunión co fin de atallar dita problemática e aclarar dúbidas que se lle presentan ao colectivo sobre a Orde do DOG", que os levou a actual situación. Refírese á publicación do 21 de outubro de 2020, onde se ordena o peche daquelas actividades non esenciais.

La carta íntegra de Fumega:

“Logo da publicación do DOG Núm.212-Bis do 21 de outubro de 2020, onde se ordena o peche daquelas actividades non esenciais, a hostalaría está a vivir unha situación extrema que pode levar á desaparición de gran parte dos establecementos a curto prazo ao non poder facer fronte aos gastos. Así mesmo, debemos recordar que este sector, debido ao auxe turístico e á dinamización da vila nos últimos anos, destaca polo gran número de locais (100 aprox.) e traballadores, que sosteñen unha parte moi importante do tecido económico do Carballiño (panadarías, peixerías, carnicerías, empresas de limpeza e mantemento...).

Por iso solicitamos que se poña en marcha, dende a administración autonómica, unha liña de axuda directa aos establecementos pechados por estar obrigados (bares, ximnasios...) ou por non poder dar servizo no local (restaurantes). Entendemos que esta axuda non se pode demorar debido á situación de urxencia actual.
Asemade, solicitamos unha reunión co fin de atallar dita problemática e aclarar dúbidas que se lle presentan ao colectivo sobre a Orde do DOG antes citado.

Ado. Francisco Fumega Piñeiro
Alcalde do Carballiño”.

Te puede interesar