praga

Alertan en Maside sobre unha nova praga de oruga asiática

<p></p>
photo_camera Así quedou un seto en Maside atacado pola oruga asiática.

Devora setos e árbores froiteiras como cerdeiras e o Concello está a espera dun tratamento

Unha nova praga dun insecto tremendamente devorador en fase larvaria está xa presente no interior ourensán e cunha fortísima presenza no concello de Maside, tal e como denuncia o seu alcalde, José Manuel Iglesias. Este insecto está atacando masivamente aos setos, sobre todo ós de mirtos, pero xa afecta severamente a outras especies, incluso ós froiteiros, como as cerdeiras, moitas delas xa colonizadas polas larvas.

Os responsables municipais aseguran que acaban de descubrir a larva nesta pasada semana ao ser identificada por unhos alemáns que compraron propiedades na localidade de Armeses. Eles informaron ao Concello da clase de larva que era porque no seu país o goberno leva anos conbaténdoas, segundo explicaron ás autoridades municipais de Maside.


Dende a costa


Trátase das larvas de Cydalima Perspectalis, un insecto que chegou de Asia hai algún anos a Europa e que xa fixo acto de presenza nas costas galegas dende hai un par de anos. "Agora xa se observa en cantidades millonarias en Maside, devorando os setos en poucos días", e afectando xa ás árbores froiteiras, segundo sinalan os responsables municipales.

O alcalde, Xosé Manuel Iglesias, afirma que xa puxo en coñecemento da Xunta de Galicia esta situación, que considera alarmante e que ten preocupados aos veciños do municipio, pero que "só hai calada por resposta", puntualiza, engadindo que "a Xunta é quen ten as competencias sobre o control das especies exóticas ou de fora".

Por ise motivo, as autoridades municipais contactaron co centro do Areeiro dependente da Deputación provincial de Pontevedra, que identificaron a especie e van remitir ao Concello en próximos días os posibles tratamentos para combatela. En zonas da costa xa ahi un par de anos que as coñecen.


En España entrou por Pontevedra no 2014


O Concello de Maside está agora pendente de recibir os tratamentos que lle remitirá o centro Areeiro de Pontevedra. Nese sentido, sinala o rexedor municipal, José Manuel Iglesias que "tan pronto como se reciban os tratamentos actuarase de inmediato nos espazos públicos e porase un bando coa información debida para os particulares que vexan atacadas as súas especies". Esta oruga é orixinaria do este de Asia. A súa presenza detectouse por primeira vez en Europa no 2006 e no suroeste de Alemania (Krüger, en 2008) e foise extendendo rápidamente a  numerosos países europeos, como Países Bajos, Austria, Suiza, Ungría, Francia ou Reino Unido. En España constatouse a existencia deste insecto por primeira vez en Pontevedra no 2014, e posteriormente foise detectando en diversos lugares da cornisa cantábrica.

Te puede interesar