O CARBALLIÑO

Alonso Montero foi homenaxeado pola súa traxectoria cívica e literaria

<p></p>
photo_camera Ana Isabel Rodríguez, Valentín García, Xesús Alonso Montro, Avelino Muleiro e Diego Fernández.

O Instituto de Estudios Carballiñeses nomeouno socio de honra e dedicoulle un monográfico da súa revista Ágora

O Instituto de Estudios Carballiñeses nomeou socio de honra a Xesús Alonso Montero, no transcurso dun acto que se desenvolveu onte na Casa da Cultura do Carballiño, onde tamén tivo lugar a presentación do número 30 da revista Ágora, dedicada íntegramente ao homenaxeado. O presidente da entidade, Avelino Muleiro, apuntaba os sobrados méritos do presidente da Real Academia Galega para ser nombrado por unanimidade da xunta directiva socio de honra, destacando as colaboracións na revista e sempre de forma desinteresada as súas aportacións en conferencias ou como pregoeiro de diversos actos.

Muleiro resaltaba a súa traxectoria como ensaísta, sociólogo e poeta, ademais de ser o presidente da RAG e membro do Consello da Cultura Galega. Agradecía tamén ós 40 colaboradores deste número de Agora, "que vai marcar un fito importante na bibliografía do homenaxeado".

Modesto Hermida, socio do Instituto de Estudios Carballiñeses, encargouse de ensalzar ao novo socio de honra, recurrindo aos numerosos poemas e encomios que lle levan dedicado destacados escritores de diversos países, referíndose ao seu pensamento sociolóxico e político e a súa faceta como poeta.

Xesús Alonso Montero manifestaba que "eu non merezo os múltiples galardóns que recibín ao longo da miña vida e que teñen que ver coa miña actividade cívica e literaria, que van xuntas en min". O académico decía tamén que "son un egoista sui géneris porque quero que a xente viva ben", engadindo que lle gustaría unha sociedade sin indixentes e sin a "contaminación de produce a codicia".

O profesor mostraba o seu agradecemento ó Instituto de Estudios Carballiñeses e o seu presidente, así como "a cada un dos colaboradores da revista polo tipo de artigo que me ofrecen", entre outras mostras de gratitude que dirixiu a diversas persoas como Carlos Núñez, Antón Pulido e cunha mención moi especial ao artigo que lle dedicou Neira Vilas.

Referiuse tamén á polémica que xerou a proposta do Concello do Carballiño, cando respaldado polo Instituto solicitou á RAG que se incluíse no dicionario de lingua a palabra pulpo, algo que finalmente foi rexeitado polos académicos, polo que Alonso Montero matizaba que "son respectuoso coa vella tradición do Carballiño". Co humor e a ironía que o caracterizan, o homenaxeado lembrou anécdotas da súa infancia e xuventude, e a persoeiros cruciales na súa vida como o seu profesor Bernardino Graña, a quen lle debe a súa inclinación polas Letras.

Te puede interesar