PLENO

Alternativa Veciñal pide as contas das festas

O grupo municipal de Alternativa Veciñal (AV) do Carballiño rexistrou onte unha moción para o seu debate plenario e co obxectivo de que o equipo de goberno amose máis transparencia

O grupo municipal de Alternativa Veciñal (AV) do Carballiño rexistrou onte unha moción para o seu debate plenario e co obxectivo de que o equipo de goberno amose máis transparencia informativa cara a oposición. Sobre todo, no que se refire á contabilidade dos eventos nos que o Concello se involucre, e que AV pide sexa totalmente pública para coñecemento dos veciños.

Ó respecto, Bernardo García, voceiro desta formación na Corporación, suliña que "cando se programa algunha festa na que se inviste diñeiro público, débese publicar na páxina web do Concello o orzamento previsto e o resultado das contas".

O concelleiro, neste sentido, apunta que "estamos a falar do Entroido, Feira Medieval, Festa do Polbo, festas patronais, Xociviga,Xornadas de Teatro, entre outras, das que solicitamos información e aínda non a temos". García considera que o Concello debe facer constar a composición das respectivas comisións organizadoras e as aportacións económicas doutros sectores.

Te puede interesar