O CARBALLIÑO

Unha alumna do Chamoso Lamas, finalista nun debate europeo

Ana Fernández Justo ocupou un dos oito postos relevantes dentro dos mellores oradores de toda Galicia.

Unha alumna do IES Chamoso Lamas do Carballiño quedou finalista do debate "Parlamento Europeo". Ana Fernández Justo ocupou un dos oito postos relevantes dentro dos mellores oradores de toda Galicia. A edición galega dos debates escolares Modelo Parlamento Europeo (MEP) arrancou o pasado sábado en Melide, onde se reuniron medio cento de alumnos de nove centros galegos. Ana Fernández Justo acadou a categoría de finalista entre o conxunto de oradores; os demais participantes do equipo carballinés: Lucía España, Yeray Diéguez e Dana Michaelis tamén obtiveron moi boa puntuación.

A segunda fase destes debates escolares a nivel europeo desenvolverase en Madrid no mes de novembro. A seguinte e última terá lugar no Parlamento europeo (Bruxelas) no vindeiro ano.

Te puede interesar