Alumnos do Chamoso Lamas fan lecturas polas rúas

O alumnado dos clubes de lectura, que se puxeron en marcha no IES Manuel Chamoso Lamas durante este curso 2021-2022, farán un roteiro polo Carballiño facendo paradas diante de sitios e comercios sinalados para ler fragmentos das obras que traballaron nos seus clubes. Foron en total 8 clubes de lectura cun total de 55 alumnos implicados, ao cargo de 7 profesores.

O acto central será na Praza de Abastos, no día de hoxe, ás 10,30 horas, onde se van ler textos que denotan cal era o aspecto da praza editados polo autor Xosé Fariña Jamardo na súa guía do Carballiño do ano 1961.

Logo haberá unha “ chocolatada” para seguir co resto do itinerario no que se van ir introducindo textos do autor citado de distintas ubicacións do noso pobo.
A actividade está organizada polo profesor do IES Manuel Chamoso Lamas, Juan Manuel Rodríguez Rodríguez.

Por outra banda, para mañá venres está previsto no mesmo centro educativo o acto de graduación do alumnado que remata os seus estudos tanto de segundo de Bacharelato como de segundo curso dos distintos ciclos, FP básica,  e dos ciclos medio e superior. Será no pavillón do propio instituto, ás 20,00 horas.

Te puede interesar